A zona de obras situada na saída do túnel do AVE en Pajares (Asturias)l
4.2.2021
A construtora Civis Global desenvolve en Pajares (Asturias) traballos de obra civil para a variante do AVE que comunicará León e Xixón.
Un aspecto destacado da actuación é a recuperación dos materiais derivados de traballos previos para a construción do túnel do AVE en Pajares.
Co triturado e separado de materiais aproveitables, a compañía espera recuperar 40.000 Tn de residuos que serán reutilizados, contribuíndo así a circularidade de materiais e reducindo o impacto xeral das obras sobre o medio.
En Pajares Civis Global constrúe para ADIF infraestruturas complementarias para o servizo ferroviario, como un heliporto e unha depuradora de augas, nas bocas norte e sur dos túneles do AVE.
A construtora galega ten desenvolto outras obras ferroviarias en traxectos de alta velocidade (AVE).