Civis Global constrúe a nova planta industrial de automoción para Antolín en Valença do Minho

obra-Valenca

obra-Valenca

05.10.2016

Civis Global desenvolve os traballos de movementos de terra e preparación da ampliación da planta que o grupo industrial burgalés Antolín constrúe en Valença do Minho. O proxecto consiste na ampliación da capacidade do grupo automobilístico en Portugal, desde onde subministra compoñentes e loxística para diferentes fábricas de automóbiles instaladas en Portugal e España.

Antolín é unha das maiores compañías de capital español no sector de compoñentes do automóbil, con factorías en España e varios países do mundo.

Civis Global conta cunha división especializada na realización de obras industriais en España e Portugal. Hoxe conclúe e inaugura a reconstrución integral dunha moderna planta frigorífica para a compañía pesqueira Atunlo (Grupo Frigalsa) en Vigo, ademais dunha modernísima instalación multisusos para o Consorcio da Zona Franca de Vigo e PSA Peugeot Citroën, e tamén ten en fase avanzada a construción da nova sede social do Real Club Celta de Vigo.

A construtora galega, cunha importante división internacional en Perú, ten iniciado a súa entrada no mercado portugués hai uns meses.