Unha das pérgolas instaladas sobre zonas axardinadas na remodelación da Praza Fernández del Riego de Vigo, que leva unha instalación de enerxía solar.
10.04.2023
Civis Global entrega no último mes cinco obras que apostan decididamente pola sostibilidade e reflicten o gran cambio asumido polo sector da construción.
Estas execucións suman máis de 19.000 m² de espazos ambientalmente mellorados no área de reforma urbana ou nas infraestruturas. Todas as actuacións coinciden nun obxectivo central: a redución de emisións de C02 e a construción de espazos peonís, máis accesibles para os cidadáns e con instalacións sostibles.
A ampliación do espazo del para os peóns ou ciclistas, a integración de materiais orgánicos (madeira ou xardíns) na obra urbana ou o uso de enerxías renovables en instalacións, son unha aposta clara pola sostibilidade na construción.
É o caso da execución da senda peonil e ciclista do Berbés para o Porto de Vigo. Con esta obra avánzase na peonalización completa do recorrido que bordea o porto pesqueiro na cidade.
A alternativa construída é unha fronte litoral onde os cidadáns dispoñen dun paseo para bici e peóns, con illas de bancos e xardíns, xunto ás instalacións pesqueiras. Unha superficie pública e accesible de 1.900 m2 que enlaza e dá continuidade ao conxunto, peonalizado ao longo do porto de Vigo que se estende agora ata os 3,5 km. de lonxitude.
Tamén na zona litoral Civis Global ultima a construción do novo paseo marítimo de Bouzas, unha completa remodelación executada para o Concello de Vigo. O carril bici e espazo peonil existente queda reforzado para destacar o seu carácter de paseo e o seu valor ambiental. Nun área de 6.200 m2 un conxunto de xardíns e zonas verdes imitando as dunas de praia dan paso a un pavimento en madeira, mentres que unhas gradas permiten aos paseantes acceder directamente ao mar desde a senda.
É o último tramo urbano que anticipa pola súa estética e funcionalidade a chegada ás zonas de praia que se estenden a partir dese momento.
Noutra obra de remodelación urbana que ultimamos na praza Fernández del Riego, no centro da cidade de Vigo, a actuación consegue gañar máis superficie axardinada e peonil, nun espazo de 4.900 m2 presidido por unhas pérgolas dotadas dunha instalación de placas que dotan a zona de enerxía verde para uso cidadán.
Con esa execución construímos un concepto de remodelación que reduce o tráfico na zona e ofrece máis espazo para o uso veciñal.
Na localidade arousá de Illa de Arousa temos realizado para a Deputación de Pontevedra unha reforma para converter a céntrica avenida Castelao nunha zona semipeonil que dá preferencia ás persoas mantendo a circulación no centro da vila.
Para esta execución téñense instalado conxuntos de bancos e grandes xardineiras, unha iluminación renovada e sostible, e temos construído un espazo combinado nunha plataforma única para uso de vehículos e peóns, claramente diferenciados con distintos tipos de pavimento. O resultado é un espazo de 5.300 m2 máis preparado para o uso veciñal nunha zona de vivendas unifamiliares.
En A Cañiza, realizamos para o Concello e Deputación de Pontevedra unha remodelación completa da piscina municipal, conseguindo unha instalación máis sostible, con usos máis diversificados e dotada de enerxía renovable para o seu funcionamento.
Civis Global asume o respeto pola contorna e a sostibilidade como valores empresariais reforzados coa campaña “Creciendo en verde” que acompaña a iniciativas da construtora.