


Zona de Marchena onde se produciron achados arqueolóxicos durante as obras.
18.07.2016
Tras catorce meses de traballo Civis Global entregará nos próximos días a obra de mellora dos sistemas de condución e canalización de augua na comarca de Écija, en Sevilla.
Os traballos incluían a construción e posta en funcionamento de 100 kilómetros de tubaxes, a habilitación de camiños de servizo e tamén dunha senda peonil sobre a antiga vía do ferrocarril. Cabe destacar que, ao atravesar zonas de interese arqueolóxico, producíronse achados de importantes restos romanos na zona de Marchena, que obrigaron incluso a desviar el trazado previsto.
A pesar destas incidencias e nunhas condicións climáticas en ocasións moi duras, pola excesiva calor dunha zona popularmente coñecida como a tixola de Andalucía, as obras culminaron no prazo previsto.
A obra máis importante adxudicada en Andalucía a Civis Global permitirá abastecer a unha poboación de 225.000 habitantes na comarca ecijana, con localidades tan coñecidas como Marchena, Marinaleda, Morón de la Frontera e a propia Écija.