13.3.2020
Civis Global asume a situación de emerxencia xerada pola aparición e incidencia sanitaria e social do coroavirus COVID-19.
A nosa responsabilidade inmediata é manter as medidas de prevención, vixiando as normas básicas de hixiene e intensificando o traballo telemático.
Pero como empresa estamos adoptando protocolos e tomando decisións para minimizar os riscos e perxuizos que poideran derivarse da prolongación desta circunstancia no tempo.
Tanto a nivel interno, cos nosos traballadores, como na nosa relación con outras empresas colaboradoras e clientes, estamos preparados para afrontar as medidas previstas en cumprimento das instrucións transmitidas polas administracións responsables.