
Aspecto final de escollera, coa xeomalla biodegradable para restauración vexetal disposta na marxe do Híjar.
20.3.2025
Civis Global executa en Reinosa unha importante obra para ampliar ensanchar as canles dos ríos Híjar e Ebro ao seu paso pola localidade cántabra.
A actuación inclúe unha serie de obras de mej¡llora da contorna fluvial, coa finalidade de previr inundacións cando se producen forte crecidas no caudal.
En ámbolos ríos amplíanse cun novo van as pontes existentes neste tramo, dous no río Ebro e un no río Híjar.
Desde o punto de vista da enxeñería destaca a execución dun van de 17 metros de luz no denominado Puente Nuevo, construíndo unha estrutura en curva executada in situ, con cimentación de pilotes de 30 metros de lonxitude e 1.200 mm de diámetro. É un importante traballo desenvolto na canle mesma do río, que exixe un rigoroso control para xestionar eventuais incidencias no caudal, moi variable en todo este tramo.
Por outro lado trátase de acondicionar as marxes de ámbolos ríos, mediante a colocación de 4.000 m3 de escollera de contención. Os traballos de acondicionamento do talude inclúen a restauración vexetal do área mediante plantación de especies autóctonas de árbores e arbustos.
Ademais de recuperar a vexetación nas marxes, a obra aporta outro importante compoñente de mellora ambiental, ao retirar a vertedeiro autorizado unha grande cantidade de terras contaminadas, procedentes de anteriores actividades industriais en zonas próximas ao río Híjar.










