logocivisnormallogocivisnormallogocivisnormallogocivisnormal
  • O GRUPO
  • DIVISIÓNS
  • NOVAS
    • COMUNICACIÓN
  • AREA CLIENTES
  • TRABALLA CON NÓS
  • CONTACTO
  • Spanish
  • Galego
  • Portuguese, Portugal
✕
Civis Global executa as obras para previr desbordamentos do Híjar e o Ebro en Reinosa
21/03/2025
Civis Global desenvolve a urbanización de 2.500 m2 para vivendas e dotacións no centro de Bouzas
21/05/2025

Civis Global completa a renovación urbana na rúa Teixugueiras de Navia con modernas instalacións e servizos

una parada de bus en el barrio de Navia, hay una gran acera con baldosas coloreadas y se ven grandes edificios

Unha parada de bus en Navia, con pavimentos diferenciados por zonas e o novo pavimento de baldosas fotocatalíticas instaladas tras a reforma.

26.4.2025 

A reforma emprendida na rúaTeixugueiras do barrio de Navia, en Vigo, é un importante traballo de humanización e renovación de servizos.

A actuación esténdese en dous tramos diferenciados sobre unha lonxitude de 500 m. na principal arteria do polígono residencial.

A obra principal é a substitución de colectores para saneamento e augas pluviais, con novas tubaxes que dan servizo a un área urbana densamente poboada. Unha actuación complexa, con escavación nun terreo arxiloso e con ata 5 m. de profundidade.

Ademais da reforma integral dos servizos de saneamento, esta reforma consegue mellorar unha contorna residencial dotado de amplas beirarrúas, con ata 9 m. de ancho.

Sobre esa superficie instálase un pavimento onde alterna de lousas en granito con baldosas fotocatalíticas tricolores, capaces de degradar o óxido de nitróxeno procedente da combustión de vehículos.

Para adaptar o área ás máximas esixencias de accesibilidade visual, no pavimento alternan superficies diferenciadas para marcar entradas de garaxes, paradas de bus e pasos de peóns.

Ademais a zona conta agora con novos farois de iluminación led e instálanse tamén reforzos lumínicos nos pasos de peóns para mellorar a seguridade viaria.

A remodelación serviu para aportar una vexetación específica e colorista nas zonas de mediana, onde alternan un tapiz de loropétalos e diosmas, intercaladas con rododendros. As xardineiras nas esquinas das beirarrúas están cubertas por lantanas. Destaca tamén a plantación de especies arbóreas moi adaptadas a contorna urbana como o liquidámbar ou o ginkgo.

A obra complétase cos traballos realizados nas dúas rotondas, nunhas das cales instalouse unha fonte naturalizada cunha árbore integrada no conxunto. Un biofiltro con especies macrofitas e grava natural mantén purificada a auga bombeada entre os dous vasos que a compoñen.

Con esta obra Civis Global pon en acción a súa experiencia en reforma urbana, combinando novas tecnoloxías e sistemas eficientes para a mellora da contorna.


Civis Global es un grupo gallego con sede en Vigo dedicado a la construcción y servicios. Está especializado en grandes infraestructuras públicas y privadas, así como en la rehabilitación de edificios y espacios urbanos y en la prestación de servicios.

Vigo


Estrada de Madrid, 150, Local 1D. 36214 Vigo, Pontevedra.


986 48 11 00


info@civisglobal.com


Asturias


Avda. Pumarín 9 - 1º C. 33001 Oviedo.


986 48 11 00


info@civisglobal.com

Santiago


Avda. Rodríguez de Viguri 45.  15704 Santiago.


881 189 705


info@civisglobal.com


Castilla y León


Avda. Calle Propano 12 – Pol. San Cristóbal. 47012 Valladolid.


986 48 11 00


info@civisglobal.com

A Coruña


Enrique Mariñas Romero 32. 5º 15009, A Coruña.


986 48 11 00


info@civisglobal.com


Portugal


242 Rua de Júlio Dinis 242
3º andar - Escritorio 301

4050-318 Porto
+351 936 364 953
info@civisglobal.com
© 2018 Civis Global | Política de Privacidad-Aviso legal | Política de cookies | Canal interno de información
Galego
  • Spanish
  • Galego
  • Portuguese, Portugal

We are using cookies to give you the best experience on our website.

You can find out more about which cookies we are using or switch them off in settings.

Civis Global
Powered by  GDPR Cookie Compliance
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.

Strictly Necessary Cookies

Strictly Necessary Cookie should be enabled at all times so that we can save your preferences for cookie settings.

If you disable this cookie, we will not be able to save your preferences. This means that every time you visit this website you will need to enable or disable cookies again.

3rd Party Cookies

This website uses Google Analytics to collect anonymous information such as the number of visitors to the site, and the most popular pages.

Keeping this cookie enabled helps us to improve our website.

Please enable Strictly Necessary Cookies first so that we can save your preferences!

Política de cookies

Más información sobre nuestra política de cookies