A obra consistiu nunha reforma integral da Praza de Armas de Ferrol para restablecer o seu aspecto orixinal, previo á construción dun aparcadoiro soterrado. Realizouse unha excavación e retirada de materiais para repoñer a súa planimetría e aliñamento coas rúas limítrofes. Realizouse o axardinamento con árbores e instaláronse todos os elementos necesarios de mobiliario urbano.
Obra:
Reforma integral da Praza de Armas.
Lugar:
Ferrol (A Coruña).