Civis Global constrúe o novo mercado do centro de Vigo
Vista dunha das fachadas do mercado de O Progreso, na zona centro de Vigo.
30.11.2016
Civis Global acaba de concluír a rehabilitación integral e modernización do mercado de O Progreso, situado no centro de Vigo. O traballo da construtora galega fíxose en varias fases, tanto na estrutura xeral do edificio da praza de abastos como cos postos individuais de venda de cada comerciante, así como habilitando zonas de paso e un área de descanso e lecer na terraza do mercado.
O conxunto de tres plantas está conectado por un gran ascensor panorámico, ademais de escaleiras mecánicas. Desde o exterior, accédese ao edificio en tres niveis distintos desde as diferentes rúas que rodean o edificio: Progreso, Eduardo Iglesias e Ronda de Don Bosco.
O mercado do Progreso está situado nunha zona histórica do centro de Vigo. Moitos dos edificios da contorna seguen actualmente nun proceso de rehabilitación. A nova construción contrasta e realza ao mesmo tempo o espazo urbano.
Edificio para Solvia
A construción civil segue a ser unha das apostas de Civis Global, que ten entregado recentemente un edificio de 16 vivendas na rúa la Pi i Margall, para a inmobiliaria Solvia do Banco Sabadell.
Tamén neste caso a construción e rehabilitación realizouse adaptando os materiais de carpintería e forxa en galerías e balcóns para respectar o deseño histórico orixinal. A rúa Pi i Margall de Vigo conta agora no seu arranque cun novo elemento de continuidade coa tipoloxía existente nesta contorna, a un paso dun área tan emblemática como o Paseo de Alfonso XII.
This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.
Strictly Necessary Cookies
Strictly Necessary Cookie should be enabled at all times so that we can save your preferences for cookie settings.
If you disable this cookie, we will not be able to save your preferences. This means that every time you visit this website you will need to enable or disable cookies again.
3rd Party Cookies
This website uses Google Analytics to collect anonymous information such as the number of visitors to the site, and the most popular pages.
Keeping this cookie enabled helps us to improve our website.
Please enable Strictly Necessary Cookies first so that we can save your preferences!