A obra do Hostel Vigo Ceetrus inclúe a rehabilitación e mellora dun edificio histórico entre as rúas Urzáiz e Velázquez Moreno.
26.09.2019
Civis Global avanza na construción dun novo hotel en Vigo para a compañía Ceetrus, que inclúe a rehabilitación e mellora dun edificio histórico entre as rúas Urzáiz e Velázquez Moreno. O Hostel Vigo Ceetrus será un moderno hotel urbano xestionado pola cadea BC Cool Hostels. A construtora galega iniciou a obra a finais do ano pasado, rehabilitando un inmoble protexido de cinco plantas e un soto.
A obra, promovida por Immochan, conta con chan de tarima, cuberta de zinc, climatización e unha exhaustiva protección contra incendios.
O hotel construido por Civis Global terá 24 habitacións, unha cafetería con terraza, e ofrecerá vistas á ría de Vigo dende a planta superior.