Os traballos, iniciados en setembro, inclúen a limpeza, desbravado e optimización da sinalización para peregrinos nos 210 kilómetros do tramo que transcorre pola comunidade galega.
20.09.2019
Civis Global traballa nas operacións de conservación integral do Camiño Portugués ao seu paso por Galicia, un lote de traballos promovidos pola Axencia Galega de Turismo da Xunta de Galicia para acondicionar este tramo do Camiño de Santiago.
Os traballos, iniciados en setembro, inclúen a limpeza, desbravado e optimización da sinalización para peregrinos nos 210 kilómetros do tramo que transcorre pola comunidade galega.
A construtora galega tamén se encarga dos traballos de conservación do camiño de Fisterra-Muxía, un traxecto de 140 kilómetros.
O contrato para os traballos de conservación de ambos tramos do Camiño de Santiago ten unha duración de 2 anos prorrogable a 3.