13.4.2026
A construtora Civis Global aumenta notablemente o seu impulso en infraestruturas con novas adxudicacións en Galicia, Asturias e Castela e León, que se suman a outros contratos en marcha.
Ademais de asegurar tarefas de mantemento nas autoestradas galegas (AG 54 e 53) e na A-8 de Asturias, a empresa galega realiza agora para o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana novos traballos de reforma en túneles das autovías e autoestradas nacionais A-6 en Lugo (Galicia) e AP-66 (Asturias e Castela e León).
As obras servirán para adaptar os túneles da Rede de Estradas do Estado á normativa vixente en termos de equipamentos e instalacións de seguridade conforme ao Real Decreto 635/2006, con actuacións en obra civil dentro dos tubos e a instalación de equipos de última xeración para mellorar as condicións de seguridade e o control da circulación.
Os traballos inclúen operacións nos sistemas de drenaxe, a instalación de equipos SOS, así como a mellora da subministración de enerxía e renovación de instalacións de alumeado con equipos máis eficientes. Esta remodelación completa das infraestruturas implica ademais a instalación de sensores de calidade ambiental e control de ventilación.
Un capítulo especial das obras refírese á xestión e vixilancia de tráfico, con importantes actuacións técnicas en sistemas de acceso aos túneles (barreiras, paneis, semáforos e estacións de control.
A-8 e A-64
En Asturias traballamos ao longo de máis de 7 km de vías en dobre calzada nos 7 túneles existentes. Seis deles, os de Villaviciosa, Deva, Infanzón, Cefontes, Brañaviella e Niévares están na A-8, e o de Fabares, na A-64.
AP-66
Na AP -66, entre Asturias e Castela e León, as obras desenvólvense nun traxecto de 8,788 km. de túneles en dobre vía. Entre eles está o emblemático Túnel do Negrón, que marca o límite entre Castela e León e Asturias e onde se atopa o centro de control e vixilancia para esta infraestrutura clave, cunha densidade media de 7.500 vehículos / día pero que pode alcanzar picos de ata 10.200 vehículos diarios.
As actuacións resólvense nun único proxecto construtivo que abarca os túneles de Barrios, Cosera, Oblanca, Negrón, Vegaviesga, Pando e Entrerregueras, todos eles infraestruturas dos anos 80 e 90 do pasado século, cunha configuración similar de dous ou tres carrís por sentido.
A-6
Na A-6 as execucións realizadas nos túneles de Neira, Cereixal, Doncos e San Pedro se desenvolven nun traxecto duns 34 km da autovía A-6.
As actuacións proxectadas afectan á drenaxe, ao sistema de recollida de líquidos tóxicos e inflamables, o sistema de protección fronte ao lume e as instalacións de ventilación, subministro eléctrico, iluminación, comunicacións e sinalización.
O obxectivo é dotar aos túneles coas instalacións necesarias para a xestión remota desde o Centro de Control de Túneles con alta tecnoloxía, capaz de xestionar todos os sistemas implicados na seguridade e a explotación.
O centro integra todos os equipamentos instalados ou renovados que van desde cámaras de vixilancia e detección de incidencias, sistemas de megafonía, ou sensores para sistemas de ventilación intelixentes, entre outros elementos de seguridade.
Son obras que permiten unha xestión en tempo real do tráfico e das súas incidencias asociadas nesta importante vía de comunicación.









