4.12.2023
A empresa Civis Global completa un traballo de mellora de instalacións no CEIP Javier Sensat en Alcabre, Vigo.
A obra executada é un patio duns 400 m2 ao que se dota dunha cuberta mixta para habilitar debaixo unha zona de xogos e deporte no centro. Unha dotación que resolve necesidades básicas para contribuír ao desenvolvemento integral dos escolares de infantil e primaria.
O proxecto consta dunha ampla estrutura de policarbonato traslúcido para cubrir unha zona de deporte duns 300 m2. O conxunto levántase sobre unha serie de pilares que constrúen un espazo diáfano e ben iluminado, cun pavimento rematado nunha colorista superficie de resina acrílica tipo slurry.
A zona de xogos, de aproximadamente 75 m², é unha cuberta ou arquitectura téxtil tamén en cores sostida por un conxunto de pilares ancorados sobre zapatas.
As obras de mellora de instalacións amplían a superficie a cuberto para os usuarios do centro escolar de infantil e primaria.
Civis Global ten desenvolto outras obras de mellora de instalacións educativas na provincia de Pontevedra como a ampliación do Colexio Lar de Mos, a Esco
la infantil de Cotobade ou o CEIP Pérez Viondi en A Estrada.