Un operario controla a perforación con micropilotes do muro de contención sobre o río Lagares, na rúa Severino Cobas de Vigo.
8.4.2022
Civis Global executa obras de cimentación do muro de contención nun tramo da rúa Severino Cobas, na zona de Barreiro, nunha actuación realizada no marco do contrato de mantemento co Concello de Vigo.
Trátase de xerar unha estrutura de reforzo a base de micropilotes, para solucionar deficiencias na cimentación dun muro que se ergue unha ducia de metros sobre o río Lagares. Os traballos realízanse nun tramo de 75 metros na rúa onde se desenvolven simultaneamente outras obras de mellora urbana.
A empresa Civis Global executa o contrato de conservación acondicionamento, mantemento e conservación das infraestruturas viarias de Vigo, renovado en 2021.
Neste momento dedica seis equipos profesionais a tarefas xerais como reparacións de fochancas, beirarrúas e varandas, ademais da reposición de firmes.
Ademais de contratos de mantemento ordinario, Civis Global aporta solucións especializadas realizando obras de emerxencia, como as actuaciones que desenvolve para o Ministerio de Transportes y Movilidad Urbana en Asturias.