
A fachada da adega Santiago Ruiz, cunha das zonas de ampliación á esquerda da edificación.
11.12.2024
A reforma industrial realizada por Civis Global para a adega de Santiago Ruiz en Tomiño amplía notablemente a capacidade de elaboración da empresa vinícola de Rías Baixas.
O proxecto executado inclúe tamén melloras para dotar á adega dunha de zona administrativa de 78 m2, con espazo de reunións e recepción, ademais dunha terraza de 28 m2 integrada na fachada acristalada. Para a accesibilidade interior instalouse un ascensor polivalente, cunha capacidade de 800 kilos de carga.
Por último, a construción incluíu a renovación do sistema de depuración para adaptalo ás novas instalacións.
Os dous módulos construídos, situados nos extremos da planta existente, engaden un total de 400 m2 e están destinados a ampliar a zona de elaboración e de almacenaxe respectivamente.
A obra realizada en formigón prefabricado está rematada por unha cuberta deck, que se combina no interior con vigas de soporte en madeira laminada. O exterior está recuberto por chapa de aceiro en color terroso, para mellorar a integración do conxunto no súa contorna natural.
Na zona administrativa, a reforma dota as dependencias dunha entreplanta con espazos de traballo e reunión, ademais dunha terraza exterior para visitantes. Un ascensor remodelado dá servizo á nova instalación.
A reforma da depuradora, situada no exterior, serve para adaptar todo o sistema de decantación, tratamento e bombeo á maior capacidade de produción da adega.
Civis Global ten realizado para o sector alimentario importantes obras de construción ou ampliación de instalacións industriais como a recente ampliación de Frialia en Mos (Pontevedra), ou de Liasa (Ken Foods) en Teixeiro (A Coruña).











