Vista aérea da planta para conxelados de Frioya en Mos (Pontevedra).
18.5.2021
Coa construción que Civis Global levanta para a empresa Frioya no polígono industrial de A Veigadaña (Mos) a compañía construtora galega reforza o seu papel de líder en obra privada industrial.
Civis Global ten construído nos últimos catro anos distintas plantas ou centros loxísticos do sector de empresas conxeladoras en Galicia, como Fandicosta, Atunlo, Marfrío, Firgalsa ou Iberconsa, ademais de Frioya que agrupa a distintos grupos pesqueiros galegos.
A planta de Frioya en Mos é un complexo de 12.000 m2 para almacenaxe e distribución de produtos conxelados. A execución destaca por integrar de forma moi funcional e eficiente as distintas áreas de actividade nun único volume que alcanza os 16 metros de altura.
A construción, realizada nun prazo dun ano, dispón de 3 grandes cámaras conxeladoras e unha zona de produción, almacenaxe e distribución que se completa con catorce peiraos de carga. A zona de recepción e administración distribúese en baixo e dúas plantas.