


Nas fachadas da residencia destacan os muros cortina de aluminio e os acabados en composite.
23.5.2021
A residencia de maiores que Civis Global constrúe para o grupo Domus Vi é un modelo adaptado ás novas necesidades de asistencia. Destaca por ser unha das primeiras edificacións que adopta un modelo residencial de servizos agrupados en áreas potencialmente autónomas e versátiles, con zonas multiusos en cada planta para grupos de ata 20 residentes.
Situado no centro de Pontevedra, a construción conta con cinco plantas e 87 habitacións con capacidade para 118 prazas. É un edificio de alta eficiencia enerxética, cun 30% das súas necesidades cubertas con enerxía renovable e climatización por aerotermia. A instalación de calefacción por chan radiante e grandes ventanais ou balconeiras aseguran a maior luminosidade.
Ademais dos servizos comúns, como comedor, cociña, ximnasio, enfermería e coidados específicos, a edificación conta con máis de 1.000 m2 de espazos habilitados para o ocio e a actividade ao aire libre. A planta baixa, onde se atopa a recepción e unha cafetería, ten un xardín perimetral duns 600 m2, mentres que a terraza dispón dun espazo ao aire libre duns 500 m2.
A construcción está ubicada no recinto dun antiguo cuartel da Garda Civil e consérvase o peche perimetral orixinal en pedra, pero adáptase para mellorar a entrada de luz na planta baixa.
Civis Global é unha empresa construtora cunha traxectoria na construción de edificacións dotacionais, como residencias ou centros educativos.