


Fachada sur do novo centro para ASPANAEX en Coia (Vigo), tras a reforma completa que realiza Civis Global.
3.5.2021
A empresa construtora Civis Global recicla e mellora o antigo edificio do Centro de Saúde de Coia (Vigo) para adaptalo como un espacio residencial completamente accesible. A edificación servirá como centro de día e residencia da asociación ASPANAEX, que atende a persoas con distintos graos de discapacidade intelectual.
A obra, cunha superficie de 2.800 m2, consiste na renovación completa das catro plantas e a cuberta existentes. As melloras introducidas na accesibilidade, que permiten comunicar entre si as distintas plantas mediante ramplas, aportan un gran valor a esta rehabilitación. Ademais, a cuberta superior, de 750 m2 , adáptase para convertela nun área destinada ao ocio e actividades ao aire libre.
O edificio disporá de 35 habitacións de residencia con capacidade para 58 usuarios. La remodelación permite albergar tamén outros servizos asistenciais como cociña, lavandería ou ximnasio, ademais dos boxes para uso sanitario.
Civis Global ten ampla experiencia na construción de edificios dotacionais. Entre as súas obras destacan as residencias de maiores da Fundación San Rosendo en Vigo, ou o novo centro de Domus Vi en Pontevedra.