5.07.2017
A nova estación depuradora de augas residuais en Feira do Monte (Cospeito), construída por Civis Global, funciona xa a pleno rendemento. A instalación sanea a conca do río Támoga, que verte as súas augas á lagoa de Cospeito, un espazo natural protexido que forma parte da rede Natura 2000.
A estación depuradora dará servizo a unha poboación duns 5.000 habitantes na zona de Cospeito. O sistema está composto por un colector para recollida de augas residuais na zona de Feira do Monte que permite sanear un caudal de 9 litros por segundo. Os distintos elementos técnicos instalados eliminan primeiro graxas e areas e logo realizan un proceso de decantación biolóxica. Finalmente, as aguas entran nunha canle onde son tratadas con Raios UV antes de verterse ao río Támoga.
O circuíto de protección da nova estación depuradora complétase coa instalación augas arriba dun tanque de tormentas de 25 m² e unha estación de bombeo, para poder xestionar e optimizar o caudal que chega ás instalacións.
A obra de Feira do Monte foi proxectada en 2008-9, pero o proxecto estivo detido e non se reiniciou ata outubro de 2016, cando a construtora Civis Global puido por fin acometer os aspectos pendentes.
A empresa construtora galega ten realizado numerosas obras similares en concellos como Fisterra ou A Guarda, e tamén de fora de Galicia como en Magaz del Pisuerga (Palencia) ou en El Espinar (Segovia).