6.02.2017
A construtora viguesa Civis Global acaba de recibir autorización oficial das autoridades portuguesas para poder contratar obras públicas no país e que se suma á acreditación para a realización de obras privadas.
O denominado Alvará de empreiteiro de obras públicas amplía o permiso do que dispoñía xa a compañía desde marzo de 2016 para acometer obras privadas por un importe de ata 5,3 millóns de euros en territorio luso. O certificado esténdese entre outras actividades á construción de edificios, a rehabilitación patrimonial, as vías de comunicación ou as infraestruturas.
A acreditación está expedida por tempo indeterminado polo Instituto dos Mercados Públicos da Inmobiliaria e da Construcción (Impic), organismo público que regula a calidade das empresas do sector para operar en Portugal.
Civis Global está a realizar importantes obras privadas en Portugal, especialmente no sector de instalacións industriais, onde constrúe unha nave para automoción en Valença do Minho e desenvolve a fase previa para outra planta automobilística en Mangualde.