Traballadores de Civis Global no proceso de formigonado de estruturas na obra de Porta do Sol en Vigo.
23.3.2021
Grazas ao traballo en equipo e a coordinación das distintas áreas Civis Global logrou reducir ao máximo á exposición á enfermidade durante este período de pandemia 2020-21, garantindo a continuidade da actividade laboral.
Temos posto en marcha as medidas necesarias e realizado distintas probas voluntarias para detección de COVID 19 entre traballadores do grupo, cun resultado de 94,4% de casos negativos.
Este ano de pandemia supuxo para Civis Global un esforzo notable de prevención, xestión e organización para afrontar a nova realidade empresarial derivada do COVID-19.