Novas

01/10/2019

Civis Global, 8 kilómetros máis de carril-bici en Gondomar e Poio

1.10.2019. Civis Global avanza no desenvolvemento de sendas mixtas para ciclistas e peatóns e conclúe a obra desta nova vía no municipio de Gondomar. A construtora continúa traballando na senda mixta de Poio que, unha vez finalizada, sumará un total de 8 kilómetros novos de vía transitable e segura desenvoltos por Civis Global.
28/09/2019

Civis Global medra en Asturias, con 5 novos proxectos

28.09.2019. Civis Global conta na súa carteira de proxectos con 5 novas obras na actualidade en Asturias, principalmente en conservación e reparación de estradas como de saneamento e acondicionamento en zonas fluviais.
26/09/2019

Civis Global constrúe un hotel no centro de Vigo

26.09.2019. Civis Global avanza na construción dun novo hotel en Vigo para a compañía Ceetrus, que inclúe a rehabilitación e mellora dun edificio histórico entre as rúas Urzáiz e Velázquez Moreno. O Hostel Vigo Ceetrus será un moderno hotel urbano xestionado pola cadea BC Cool Hostels. A construtora galega iniciou a obra a finais do ano pasado, rehabilitando un inmoble protexido de cinco plantas e un soto.
20/09/2019

Civis Global mellora e conserva o Camiño Portugués

20.09.2019. Civis Global traballa nas operacións de conservación integral do Camiño Portugués ao seu paso por Galicia, un lote de traballos promovidos pola Axencia Galega de Turismo da Xunta de Galicia para acondicionar este tramo do Camiño de Santiago. Os traballos, iniciados en setembro, inclúen a limpeza, desbravado e optimización da sinalización para peregrinos nos 210 kilómetros do tramo que transcorre pola comunidade galega.
08/08/2019

Civis Global finaliza a nave do Centro Logístico Porto de Vigo

8.08.2019 Civis Global vén de finalizar a construción do novo centro pesqueiro denominado Centro Logístico Porto de Vigo, unha compañía participada maioritariamente polo grupo Coper (Atunlo) e outras firmas do sector. A construción inclúe un edificio de tres plantas e máis de 2.000 metros cadrados de oficinas, ademais dunha nave frigorífica de 1.500 metros cadrados e unha área loxística con tres molles de carga para camións de transporte de peixe.